Este ano está adicado ao escritor, economista, empresario e político Valentín Paz Andrade, nado o 23 de abril de 1898 en Lérez (Pontevedra).
Comparándoo de boas a primeiras co galardoado do ano pasado, as diferenzas fanse manifestas: fronte ao poeta bohemio, underground e maldito Pereiro que conecta coa xuventude, os 80, a contracultura, Paz Andrade é unha homenaxe a unha traxectoria máis cara atrás que engloba a historia do século XX galego, e as conquistas non tanto literarias senón globalmente culturais. Dende ese punto de vista, poucos ou ningún poden acreditar unha folla de servizos máis gloriosa que a de Valentín Paz Andrade.
Carlos Sobrino Buhigas (Pontevedra 1885 - Vigo 1978)
Debuxante, acuarelista e ilustrador de libros e carteis. As paisaxes, costumes e retratos supoñen a temática relevante do artista todo elo cargado de gran expresionismo. Gusta da pedra labrada, do antigo, e de pintar recunchos históricos (rúas, cruceiros, hórreos, casas…) polo que non é de estrañar que elixira o pobo de Combarro para exemplarizalo como representación da arquitectura popular galega.
A fotografia superior pertenece a unha obra de Sobrino, propiedade da Fundación Novacaixagalicia, titulada xenericamente “Pueblo Gallego”, cando en realidade debería ter nome propio, ó ser un recuncho de Combarro, como o demostra a inferior de recente edición.
Mayo 16
Caros Sobrino Buhigas - Tríptico mariñeiro, Óleo
Mayo 13
En canto a obra de Álvarez de Sotomayor, mediante o uso de cores luminosos e puros e unha temática folclórica persegue a exaltación da historia do país. Entre as súas obras destacan os retratos de persoaxes políticos así coma numerosas paisaxes, algunhas delas con tintes velazqueños. O que máis nos interesa son as pinturas adicadas a Galicia, entre as cales destacamos “Comida de bodas de Bergantiños” de 1917 que podemos ver na imaxe arriba.
Nace en Ferrol o 25 de setembro de 1875, de noble ascendencia galega. A súa familia trasladouese a Toledo e foi alí xunto ao profesor de debuxo José Gutiérrez e ao paisaxista José Vera onde iniciou a súa vocación.
En 1893 empezou os seus estudos universitarios, onde o pintor Manuel Domínguez o orientou definitivamente cara este arte. Tras o aprendizaxe adquirido no taller deste pintor, en 1899 gañou unha pensión de la Escuela de San Fernando para a Academia de Bellas Artes de Roma. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica, o que lle permitiu coñecer aos impresionistas franceses e a pintura flamenca e holandesa, que tiveronunha gran influencia nasúa obra.
Regresóu a Galicia en 1905 onde o ambiente sencillo da vida na aldea o seduciu, feito que o levou a preparar unha serie de temas galaicos. Se instalou en Santiago de Chile en 1908, alí foi director da Escuela Superior de Bellas Artes ata o seu regreso a España en 1915. Aquí desenrolou unha importante carreira artística. Chegou a dirixir o Museo del Prado en diversos periodos así como La Academia de Bellas Artes de San Fernando a partir de 1953. Morreu en Madrid o 17 de Marzo de 1960.
Decía que era galego “non porque nacera en Galicia, se non porque Galicia nacera para él”.
Mayo 12
Fernando Álavarez de Sotomayor
Mayo 11
Urbano Lugrís olio sobre lenzo “Lena Mariñeira” (1965)
Para os nosos seguidores, podedes atoparnos tamén noutras redes como Twitter, Pinterest e Facebook.
Mayo 8
Pintura na rede!
Mayo 8
A obra de Enrique Campo (Pontevedra, 1890 - 1910) ten unha grande influencia do debuxo arqueolóxico.
Naceu o 21 de setembro na cidade de Pontevedra en1890 e falece no mesmo lugar tan só 21 anos máis tarde. Perteneceu a una acomodada familia vinculada a artistas e intelectuales, primo de Carlos Sobrino Buhigas (de quen falamos).
Enrique xa mostraba grandes aptitudes no debuxo dende pequeno e foi a súa unión a la Sociedad Arqueológica de Pontevedra o que lle iniciou no debuxo arqueolóxico, faceta fundamental na súa producción artística. Realizou cientos de minuciosos debuxos e apuntes de petroglifos. Esta colaboración foi especialmente intensa durante o ano 1909 ao ser nomeado Delegado da Sección Arqueológica de la Exposición Regional de Santiago.
En outubro de 1909 trasladase a Madrid onde alterna un traballo burocrático na Compañía de Tabacos cos seus estudos artísticos. En decembro de ese ano, durante un dos habituais paseos que aproveita para debuxar nas aforas da cidade, descobre cerca do Puente de los Franceses, un ara romana, a primeira atopada ata entonces na capital. Este acontecemento abriralle as portas dos círculos eruditos madrileños e suporá o seu nomeamento, o 5 de febrero de 1910, coma Correspondiente de la Real Académica de la Historia.
Meses despois comeza a padecer os síntomas dunha irreversible enfermidade que lle leva á tumba o 2 de maio frustrando unha prometedora carrera.
Interésanos a súa obra pola execución tan detallista e minuciosa cnado representa todos os elemento arquitectónicos entres os que cabe destacar un amplo catálogo gráfico de monumentos da provincia de Pontevedra.