Nace en Ferrol o 25 de setembro de 1875, de noble ascendencia galega. A súa familia trasladouese a Toledo e foi alí xunto ao profesor de debuxo José Gutiérrez e ao paisaxista José Vera onde iniciou a súa vocación.
En 1893 empezou os seus estudos universitarios, onde o pintor Manuel Domínguez o orientou definitivamente cara este arte. Tras o aprendizaxe adquirido no taller deste pintor, en 1899 gañou unha pensión de la Escuela de San Fernando para a Academia de Bellas Artes de Roma. Dende a cidade italiana viaxou a París, Holanda e Bélxica, o que lle permitiu coñecer aos impresionistas franceses e a pintura flamenca e holandesa, que tiveronunha gran influencia nasúa obra.
Regresóu a Galicia en 1905 onde o ambiente sencillo da vida na aldea o seduciu, feito que o levou a preparar unha serie de temas galaicos. Se instalou en Santiago de Chile en 1908, alí foi director da Escuela Superior de Bellas Artes ata o seu regreso a España en 1915. Aquí desenrolou unha importante carreira artística. Chegou a dirixir o Museo del Prado en diversos periodos así como La Academia de Bellas Artes de San Fernando a partir de 1953. Morreu en Madrid o 17 de Marzo de 1960.
Decía que era galego “non porque nacera en Galicia, se non porque Galicia nacera para él”.